62 empresas e comercios adoptan o certificado Abertos ao galego da Mesa pola Normalización

O certificado concédese a empresas que desenvolvan "compromisos para a normalización" da lingua

21/6/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Xoiarías, pubs, tendas de roupa, librarías, xestorías, editoras, fornecedoras de equipos de seguridade, adegas, etc, son algunhas das integrantes do Certificado Abertos ao Galego, promovido pola Mesa pola Normalización Lingüística para promover a lingua na empresa e no comercio. O certificado ofrece catro graos distintos, en función do nivel de uso do galego da empresa, no que o mínimo é un ("os que dan os primeiros pasos") e o máximo é catro ("os que solicitan a información e documentación en galego a provedores e administracións"). Os asociados ao certificado pagan unha cota de 48 euros anuais para o mantemento das actividades e materiais do propio certificado.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Mesa pola Normalización Lingüística, Lingua galega