Demiten os coordinadores provinciais e central de normalización lingüística

Os mestres consideran que estamos ante un "peche de ciclo"

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Onte os cinco responsables da coordinación dos equipos de normalización lingüística de Galicia -un central e catro provinciais- comunicaron por carta aos centros a súa dimisión para o vindeiro curso. Tratábase de prazas ás que se accedía a través de concurso de méritos e elixida polos docentes, na que participaban profesores do sistema educativo galego en comisión de servizo durante un máximo de seis anos. A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística manifestou a súa solidariedade cos cinco profesionais e "mostran a súa comprensión á hora de presentar a súa renuncia xa que observamos como desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística se está a lexislar en contra do traballo que viñeron desenvolvendo estes anos e en contra da nosa lingua". A Consellería de Educación asegura non ter constancia da dimisión.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Normalización Lingüística, Educación, Política Lingüística, Consellería de Educación...