
Primeiro traballar e logo exhibir. Estes son os dous pés sobre os que se asenta este programa que arrinca hoxe. O aspecto lectivo (agrupado baixo o nome Formación Circo Europa) inclúe obradoiros, máster class, e debates coordinados por profesionais de recoñecido prestixio. Do 17 ao 26 pasarán por Santiago 19 promesas do novo circo para desenvolver sesións que van desde aspectos puramente físicos (adestramentos, principalmente) ata a análise e estudo dos proxectos individuais.
O proxecto tamén pretende implicar á cidadanía con espectáculos abertos ao público. Co nome de Circo Europa a escena ofreceranse dúas funcións a cargo das compañías Rúa Aire (O retrato de Dorian Gray, martes 22 de xuño ás 21:30 horas) e Mi otro yo (Doble Mandoble, sábado 26 e domingo 27 de xuño, ás 21:30 horas). Como peche, haberá a I Circo Europa Party na que artitas locais e convidados ao encontro saltarán a palebra para ofrecer un espectáculo puramente circense no que pretenden reflexionar sobre Compostela como camiño e punto de encontro de Europa. Todas as funcións desenvolveranse no Salón Teatro (Rúa Nova, 34. Santiago).
Antonia Kuzmanic

Aviadoras

Coñece a canteira cirquense
Circo expreso

Cirkusfera. Ivana Koraksic

Cirkusfera. Milan e Vladana.

Duelirium



