A compañÃa Duelirium, formada pola galega Raquel Oitavén e a catalá Merce Solé coa obra titulada Aviadoras; e a creadora vallisoletana afincada en Santiago Raquel Veganzones con Lossing Grip, resultaron seleccionadas como finalistas da mostra artÃstica de Xóvenes Talentos do Circo Europeo, O Centro Dramático Galego co-organiza esta iniciativa xunto a outras catro entidades con sede en catro grandes áreas xeográficas europeas. Encabezadas polo centro parisino Jeunes Talents Cirque Europe, tamén actúan como co-organizadores o Circo Centre for New Circus de Helsinki, o belga Circus Centrum de Gand e o Crying out loud de Londres.
Cristina DomÃnguez, anterior directora do Centro Dramático Galego, deixou á entidade como centro ibérico de referencia do programa Novos Talentos do Circo Europeo, un programa financiado pola Unión Europea (UE) que ten por obxectivo promover e incentivar o traballo dos artistas emerxentes dentro da categorÃa de novo circo como xénero escénico. Deste traballo iniciado hai dous anos xurde agora a oportunidade para estas dúas propostas das moitas presentadas a través do CDG, que actúa como entidade co-organizadora. Tanto o espectáculo da compañÃa Duelirium, como o espectáculo de Raquel Vegazones conseguiron entrar na primeira selección nos 34 proxectos elixidos entre os 151 presentados en toda Europa. A seguinte e terceira fase do proceso consistirá na execución en directo de cada proposta diante do xurado internacional, o CDG acollerá os vindeiros 31 e 31 de xaneiro de 2010 unha destas probas escénicas dalgúns dos proxectos finalistas, dos que se seleccionarán só dez. A cuarta fase do programa inclúe un encontro europeo de artistas novos de circo en Santiago para xuño do 2010, encontro conseguido por proposta da anterior directora do CDG aos coordinadores do programa.