Raquel Veganzones e Girisho Gordon, ou o que é o mesmo, Circo Expreso (compañÃa afincada en Santiago desde hai uns anos), acaban de resultar beneficiarios do programa artÃstico da rede Jeunes Talents Cirque Europe coa súa proposta Lossing grip. Un proxecto que partÃa dun trapecio de tres barras e un arnés que, camuflado baixo a roupa ofrece novas formas de suxeición. Agora, este tándem terá acceso a un plan de apoio artÃstico, técnico e económico do que producirán un espectáculo, ademais dun perÃodo de residencia artÃstica. Facer parte desta rede implica tamén que o Centro Dramático Galego organizará (en coordinación co Jeunes Talents Cirque Europe o Encontro Europeo de Xóvenes Artistas) en Santiago de Compostela un encontro que, alén dun apartado de seminarios de traballo para profesionais, inclúe sesións de exhibición abertas ao público. A cita co novo circo será do 17 ao 28 de xuño.