No seu Cangas natal, Berdardino Graña (cangas do Morrazo, 1932) leu este sábado o discurso de ingreso na Real Academia Galega. O chamado “Poeta do mar” leu un texto titulado “Contos populares e RosalÃa” co que aproveitou para falar do relato tradicional, que marcou a súa longa traxectoria literaria. Graña foi unha peza destacada na creación do grupo Brais Pinto (1958) e na fundación da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da que foi o seu primeiro presidente. Ramón Lorenzo, catedrático de FiloloxÃa Galega, foi o encargado de darlle a réplica no seu discurso de acceso.