Á hora de falar de investigación musical, asociamos as ideas de desprazamentos polo país e de recollida de historia oral ás nosas pezas tradicionais. No entanto, para estudar a evolución do noso pop e rock, tamén hai que tirar de entrevistas, visitas a particulares e remexer nos lugares máis insólitos. Logo de tres anos de investigacións deste tipo, Fernando Fernández Rego acaba de publicar 50 Anos de Pop, Rock e Malditismo na Música Galega un percorrido pola historia da nosa música a través de 72 grupos destes estilos.
O libro artéllase a partir de biografías e discografías de 72 grupos, incluíndo imaxes dos discos, cada un deles comentado individualmente, e listados das correspondentes cancións, cos datos expostos en orde cronolóxica. Eu comecei cos Tamara, que naceron en 1958 e collín como referencia os anos sesenta e fun debullando toda a historia con Andrés do Barro, os grupos dos 60 e o 70, a Movida, o Bravú e logo xa os anos 90 e a actualidade, retratando a escena e os movementos deste tempo. A moitos podes sorprenderlles que se poida reunir tal número de grupos en activo no noso país nas últimas décadas, pero a realidade é que aínda hai moitos máis que non se incluíron por razóns de espazo. Nesa selección van os que considero os principais grupos dese medio século. Evidentemente hai ausencias, dada a magnitude que quere cubrir o libro. A obra inclúe ademais un dobre CD con cancións dos ano 90 e 2000 que son os que máis facilitaron a cesión de dereitos. The Homens, Fanny e Alexander ou Triángulo de Amor Bizarro son algúns dos presentes nesta compilación. Para alén das miñas biografías, hai unha segunda parte con xente que achega artigos, como José Manuel Pereiro que fala sobre o Bravú, ou Emilio José, Xavier Valiño, Miguel Costas, Germán Coppini ou Nico Pastoriza entre outros.
Facendo historia
Para chegar a esta obra, o autor tivo que realizar unha auténtica pescuda histórica na que as fontes escritas non foron en absoluto o máis habitual. O proceso de documentación é o punto forte deste traballo, lembra Fernández. Foron tres anos de investigación para atopar grupos, coleccións e discos. Para facer a recensión do disco hai que telo, e moitos están descatalogados. E de feito implicouse todo o mundo da escena galega, desde compoñentes de Siniestro Total a Xavier Valiño, que proporcionou moita información, o Xesús Ordovás. E houbo moita xente que escaneou fotos, e mandou disco. Tamén as discográficas actuais enviaron álbums. Na busca, as lembranzas dos propios músicos e a colaboración do sector presentouse como fundamental, tanto para conseguir material como á hora de fornecer datos. Hai discos e grupos que están case por providencia, como Os Quinindiolas, de Xelís de Toro, que non chegaron a editar, e conseguin saber deles grazas a A Regueifa. Tamén Los Contentos de Lugo, aos que cheguei grazas a xente de Siniestro Total. Moitas veces foron cousas rocambolescas, comezabas a falar dun tema e ían aparecendo outras cousas. O mellor foron as anécdotas dese tipo e coñecer a moitísima xente que participou desinteresadamente, lembra Fernández.
A necesidade
E é que a realización deste estudo pioneiro conseguiu un alto grado de apoio no sector. Foi traballar sobre algo que non había, é o primeiro libro que procura tratar esta cuestión dun xeito tan amplo. A todo o mundo lle pareceu moi boa idea e tivo moi boa acollida entre os músicos, porque había moitos grupos que non existían a nivel bibliográfico, nunca apareceran nun libro. A xente dicía que xa era hora que se fixese este libro, consideraban que mesmo debía ter saído antes. E moitos apuntaban que se non fose por iniciativas como esta, moitos grupos terían quedado no esquecemento. E é que resulta verdadeiramente complicado coñecer polo miúdo a historia da nosa música pop e rock. Se moita xente non colgase na rede moitos grupos ou porque os atopas en tendas de segunda man, non hai xeito de os escoitar. Mesmo de Andrés do Barro podes atopar algún grandes éxitos, pero a maior parte da súa obra está descatalogada.
Os esquecidos
Entre as propostas menos coñecidas do repertorio sonoro das últimas décadas, o autor recoñece que descubrín moitos grupos, como Los Squizos da Coruña, Metro ou Los contentos, que estiveron un pouco en terra de ninguén, antes da Movida de Vigo. Debido moitas veces a ser pioneiros, moitos non chegaron a gozar dun éxito, aínda que non lles faltase calidade. Do mesmo xeito, a nivel de estilos atopas cousas que sorprenden. Por exemplo Moncho e mais os Sapoconchos fixeron en plena movida un dos primeiros discos de Rythm and Blues de Galicia. Ou Generación 49, un grupo dos sesenta no que estaba Xoán Piñón, que despois pasou por NHU e actualmente está en Doa. Posiblemente fixesen o primeiro disco instrumental galego, cunha mestura de rock progresivo e folk, e que debeu ser precursor da música instrumental e mesmo do folk posterior, aínda que non aparece referenciado en case nengún sitio.
Fitos e tendencias
Canda a cuestións estilísticas, Fernández recolle algúns fitos pouco coñecidos da nosa música. Tentei sobre todo que estean os pioneiros como Os Tamara, que gravaron Galicia, terra nosa, a primeira canción pop en galego, ou os Heredeiros da Crus, por gravar o primeiro directo dun grupo de rock en galego. A nivel de creatividade, apunta dous momento destacados para os nosos pop e rock. Penso que en xeral un dos momentos máis prolíficos que se viviron fosen a Movida de Vigo, por unha banda, e o Rock Bravú pola outra. De feito o Bravú é unha achega nidiamente galega, e a xeración dun estilo propio. Dicía Valiño que era cando as guitarras eléctricas chegaron ás aldeas, e mesturouse a cultura tradicional coa cultura do rock. Hoxe en día aínda que estamos nun moi bo momento, e achegamos grupos de vangarda a nivel nacional, pero xa é máis repetición de clichés, nese sentido foron máis orixinais tempos pasados.
A evolución
Nos anos sesenta sobre todo atopas que houbo unha tendencia xeralizada aos grupos de orquestra. Os Tamara, Los Españoles ou Los Players de Ferrol foron en certo xeito orquestras pop. Nesas épocas vese que está todo moi desmembrado, non chega a se conformar unha escena, os grupos son pequenas illas. Nese contexto, xorde como fundamental a figura de Andrés Dobarro. Éxitos estatais como O tren favoreceron a eclosión do pop en Galicia. Grupos posteriores como Os Sprinters ou o propio Juan Pardo xurdiron grazas a el, lembra Fernández. Hai que pensar que daquela non había infraestrutura aquí, a xente tiña que ir a gravar a Madrid e non había tampouco moitas salas para ir tocar. E nos setenta e os oitenta iso mellorou moito, coa movida mesmo empezaron a aparecer discográficas e un pequeno circuíto de salas, e foi eclosionando a escena galega.
A actualidade
O autor destes 50 anos de pop, rock e malditismo destaca que estamos nun dos momentos máis destacados da historia da nosa música. Hai moitísimos grupos, eu penso que é o momento máis prolífico da nosa música. En cada localidade hai seis ou sete grupos que gravan. E estamos a exportar bandas que teñen moito éxito como Triángulo de Amor Bizarro ou Franc3s, que non teñen nada que envexar a outras bandas. Temos tamén festivais propios como o Festival do Norte, o Lolipop ou o Cultura quente. Sobre todo a nivel de independentes estamos nun momento envexable. De cara ao futuro, Fernández asegura que ten material para ampliar este proxecto, ademais de continuar no seu traballo en Lafonoteca.net. A idea é que se as vendas van ben e facemos unha segunda edición, irían como 10 grupos máis que xa están feitos. Polo de agora, o primeiro volume preséntase, da man da editorial Toxosoutos, o vindeiro 11 de xuño ás oito da tarde no local O Pazo das Musas, en Santiago de Compostela.