Dignificación en concerto

A Asociación de Músicos aos Vivo reivindica a normalización laboral deste traballo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Dignificación en concerto

Traballar sen contratos, con dereitos pouco claros ou cobrando en negro. A realidade das actuacións ao vivo dos músicos galegos dista en moitos casos de ser a ideal. Con vistas a mellorar esta situación, a Asociación de Músicos ao Vivo desenvolveu onte unha xuntanza con medio cento de profesionais, na que presentou o Plan de Normalización Laboral para o sector. Como grande novidade, o colectivo asinará en breve un convenio con MUSICAT, o seu homólogo en Cataluña, que permitirá que os músicos galegos aproveiten os servizos e a bagaxe deste proxecto. Manuel Alonso, administrativo e responsable de prensa da asociacion, resúmenos en que consiste este plan.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Alonso, Cataluña

Claves

Protagonistas
Lugares