Nacen os Premios Galegos da Música

Convócaos a Asociación de Músicos ao Vivo e terán once categorías

17/4/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Grupos, solistas, espectáculos, ou proxectos discográficos realizados en Galicia ou por músicos galegos poden optar a algunha das 11 categorías dos Premios Galegos da Música. A Asociación de Músicos ao Vivo convoca por vez primeira estes galardóns, que, para alén dun Premio Honorífico a toda unha carreira, os galardóns recoñecerán as categorías de Pop, Rock, Jazz, Hiphop, Clásica, Folk, Tradicional, Músicas do Mundo, Electrónica, Infantil e Orquestra de Baile. A inscrición de candidaturas é libre e gratuita e serán os membros da asociación os que voten en dúas roldas os gañadores. A gala de entrega está prevista para decembro.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pop, Folk, Jazz, Rock

Claves

Conceptos