
Segundo Xacobe MartÃnez Antelo, voceiro de Músicos ao Vivo, a intención dos premios "é que todos os músicos galegos atopen o seu oco, desde as charangas que non editaron ningún disco ata os Djs que poñen os seus temas en Internet, desde grupos de cámara que estudan nos conservatorios aos de jazz".
Para o vindeiro 15 de novembro daranse a coñecer os tres finalistas de cada categorÃa, mentres que a entrega dos premios farase o venres 13 de decembro, logo dunha segunda rolda de votacións. O premio consiste nunha figura deseñada polo artista e músico vigués VÃctor Lorenzo. A convocatoria conta co apoio das Adegas MartÃn Códax, da Axencia Galega das Industrias Culturais e mais do Concello de Pontevedra.