O circuíto de salas alternativo da Xunta estará listo en 2011

Estarán homologadas polo Ministerio de Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Hai tempo que a Xunta madura a idea de buscar un circuíto de exhibición para filmes galegos e producións que teñen dificultades para ahcegar ás pantallas de cines convencionais. O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, avanzou onte no Parlamento que será para o 2011 e que estará homologado polo Ministerio de Cultura. Segundo explicou, en resposta a unha pregutna de Bieito Lobeira (BNG), o Consorcio Audiovisual traballa nun convenio co Ministerio de Cultura que afecte tanto ás salas públicas como as privadas. Cabaleiro aproveitou para lembrar que, a día de hoxe, o CGAI conta cunha sala permanente para exhibir producións galegas.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Cultura, BNG, CGAI

Claves