Na tarde de onte arrincaban en Redondela as Festas da Coca 2010, a coincidir coa celebración da festividade de Corpus Christi. O tradicional dragón voltará a percorrer hoxe as rúas da vila e á unha da tarde celebraranse as danzas das espadas e das penlas na localidade. Pola súa banda, en Ponteareas, ao igual que en moitas outras localidades, as rúas estan cubertas hoxe das alfombras florais, nas que participaron delegracións de Perú, Italia, China, México, Alemaña, Portugal, Bélxica, Francia ou Xapón. De xeito paralelo á festa, celébrase nesta localidade o III Congreso Internacional de Arte Efémero.