A Xunta declara novas festas de interese turístico

Arde Lucus, a Feira de Samos, o Corpus de Ares e o Galo de Curral adquiren esa denominación

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Ter máis de dez anos de existencia, a súa singularidade e o valor cultural destas festividades acaban de valerlle a catro feiras que se celebran no país a etiqueta de “festas de interese turístico de Galicia”. Son a festa romana Arde Lucus, a Feira de Samos, o Corpus Christi con alfombras florais de Ares (A Coruña) e a Festa Gastronómica do Galo de Curral de Vila de Cruces (Pontevedra). O Consello da Xunta aprobou onte este recoñecemento que ten, segundo a nota de prensa remitida polo goberno, “importantes repercusións sobre a dinamización económica e social da localidade onde se celebra”.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Arde Lucus, Ares, Samos...