Declaradas catro novas festas de interese turístico de Galicia en Lugo, Monterroso, Ares e Vila de Cruces

A declaración implica a inclusión destes eventos no Plan Galego de Promoción do Turismo

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeTurismo
Compartir:

O Consello da Xunta declarou como festas de interese turístico de Galicia a Festa do ‘Arde Lucus’ de Lugo, a Feira dos Santos de Monterroso (Lugo), a Festa do Corpus Christi Alfombras Florais de Ares (A Coruña) e a Festa Gastronómica do Galo de Curral de Vila de Cruces (Pontevedra). A antigüidade mínima dos eventos (dez anos de existencia como mínimo), a súa singularidade, así como o arraigo e o valor cultural destes foron os criterios que se tiveron en conta á hora do seu recoñecemento oficial dende a Secretaría Xeral para o Turismo, dependente da Consellería de Cultura e Turismo. A declaración dunha festa de Galicia como de interese turístico levará consigo a súa inclusión no Plan Galego de Promoción do Turismo a que fai referencia a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, así mesmo para recibir as axudas e subvencións que para este tipo de acontecementos puidese establecer a Xunta valorarase a súa declaración como festa de Galicia de interese turístico.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Lugo, Monterroso, Ares...