A romarÃa de Santo Hadrián de Malpica, a Festa das fachas de Castelo, o Festival de Pardiñas de Guitiriz e o Magosto de Ourense son catro festas moi populares do noso paÃs. E desde hoxe son, tal e como se aprobou no Consello da Xunta, celebracións declaradas de Intese TurÃstico. Un feito que supón a súa inclusión no rexistro de Empresas e Actividades TurÃsticas e a incorporación ao Plan galego de promoción do turismo. Ademais, segundo figura na nota de prensa remitida pola Xunta "o seu recoñecemento valórase positivamente á hora de optar ás subvencións que se puidesen establecer para este tipo de actos"
A ConsellarÃa de Innovación e Industria foi o departamento encargado de levar ao Consello da Xunta a proposta de declaración destas celebracións. Na nota de prensa remitida destacan a singularidade de cada evento:
RomarÃa de Santo Hadrián de Malpica
Celébrase o primeiro domingo de xuño. A súa singularidade vén dada pola súa lenda, na cal se conta que unha comunidade de monxes que habitaba nas illas Sisargas se viu asediada por unha colonia de serpes. Santo Hadrián, que estaba a predicar o evanxeo pola Costa da Morte, achegouse ás pedras da ribeira e dÃxolles: “Eu, Santo Hadrián, libérovos das serpes e desde hoxe nunca máis ás Sisargas irán”. A romarÃa é unha das tradicións máis arraigadas no municipio e arredor de dez mil persoas de toda Galicia acoden anualmente a acompañar o santo. Existe documentación que acredita que esta romarÃa se celebra desde os anos 20 até a actualidade.
Festa das Fachas de Castelo
Celébrase en Taboada os dÃas 7, 8 e 9 de setembro. Non se conserva documentación que acredite a data real de inicio da celebración, pero a Festa das Fachas é un dos rituais festivos Ãgneos de Galicia e unha tradición ancestral da cultura galega. Destaca pola súa posta en relevo da casa e tamén da solidariedade e identidade parroquial. O significado da queima das fachas é diverso e diferentes estudos falan dunha forma de comunicación entre os castros ou tamén dun xeito de alumear as festas e acontecementos nocturnos, incluso se di que foron parte de certos actos rituais máxico-relixiosos. Non se coñece en Galicia ningunha celebración semellante consistente en rodear coas fachas o castro do lugar e facelas arder chegada a medianoite. A súa singularidade radica tamén en que este acto está asociado a un castro datado en dous mil anos.
Festival de Pardiñas de Guitiriz
Celebrase a primeira fin de semana de agosto desde hai vinte e nove anos e caracterÃzase pola súa mestura de elementos culturais, artÃsticos e deportivos nun espazo natural único, que se manifesta no desenvolvemento dun espÃrito creativo de vangardas culturais de pobos e comarcas onde impera a liberdade de expresión e onde cabe salientar a celebración de varios concertos de música folk, coa participación de grupos e artistas procedentes de diferentes paÃses. O festival de Pardiñas é, xa que logo, unha ferramenta de convivencia e confraternidade.
Festa do Magosto
Cada 11 de novembro celébrase desde 1965 en Ourense a Festa do Magosto. Existen referencias documentais desta festa no Arquivo Municipal da cidade e comezou a facerse o DÃa de Santos e Defuntos por ser unha comida de mortos, polo que se celebraba nos adros da igrexa. Logo trasladarase para o dÃa de San Martiño pero na provincia séguese a facer o DÃa de Defuntos despois de rezar polos mortos. Trátase dunha festa do medio natural, do monte, da natureza inculta e do espazo non habitado. O magosto está inmerso nun triplo contexto: agrario, lúdico e sacro, que contribúe a convertelo nun auténtico e expresivo ritual colectivo.