A Associaçom Galega da Língua adapta a súa norma ao Acordo Ortográfico Portugués

As modificacións están xa dispoñibles na rede

1/6/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A normativa reintegracionista para o galego muda. A Associaçom Galega da Língua fai público no Portal Galego da Língua a actualización da súa proposta ortográfica. A Comissom Lingüística da AGAL abordou a maior reforma destas normas nos últimos vinte anos para adaptar as mesmas ao Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa, que entrou en vigor recentemente en Brasil e Portugal. As modificacións recollidas afectan, fundamentalmente, ao emprego de grupos consonánticos, ao trazo en palabras compostas ou ao -n final en cultismos, entre outras cuestións.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Associaçom Galega da Língua, Portugués, AGAL, Portugal...