A Associaçom Galega da Língua pon na rede un dicionario de fraseoloxía galega

Frases ben feitas

31/3/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A substitución progresiva da nosa fraseoloxía propia por outra traducida directamente do castelán é unha realidade que se dá de xeito crecente. Para paliar en certa medida esta situación, a Associaçom Galega da Língua (AGAL) acaba de poñer na rede un dicionario que recolle ata 1.787 expresións propias de Galicia, Portugal e Brasil onda os seus equivalente en español. A asociación chama aos interesados a colaborar engadindo novas propostas a esta ferramenta.

Máis información no Portal Galego da Língua

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dicionario, Associaçom Galega da Língua, AGAL, Brasil...

Claves

Conceptos
Lugares