Chegan á rede galega dúas novas revistas culturais en formato PDF e un novo xornal electrónico

Curso novos, publicacións novas

15/9/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
17 lecturas | Compartido 0 veces
“Lince Ibérico”, “GZe-ditora” e “Galicia Información” son os títulos das tres novas publicacións que se poderán consultar na rede a partir deste outono. “Lince Ibérico” é unha revista literaria que se publicará en formato PDF e que quere dar cabida a textos escritos en todas as linguas peninsulares. No mesmo formato está xa dispoñible o primeiro número de “GZe-ditora”, dedicada á creación e á crítica literaria galego-portuguesa. Finalmente, a partir do dous de outubro poderase consultar na rede un novo xornal electrónico “Galicia Información”, no que participa boa parte do xornal “A Contrafío” que desaparecerá.

Máis información no Portal Galego da Língua sobre “Lince Ibérico” e sobre “GZe-ditora”; sobre o novo xornal en A Contrafío

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Entidades