A pesar de que está a diminuir a forza do enfrontamento na cuestión da normativa do galego, continúan a aparecer noticias arredor desta cuestións. Entre as intervencións máis destacadas, o filólogo e académico Xesús Ferro Ruibal está a publicar desde o sábado en "La Voz de Galicia" unha serie de artigos decisión da Real Academia (RAG) de rexeitar a reforma normativa proposta polas tres universidades e o ILG. Mentres, para a Associaçom Galega da LÃngua (AGAL) anuncia para o vindeiro sábado unha xuntanza para celebrar os seus vinte anos de existencia, e esa mesma tarde, o Movimento de Defesa da LÃngua convoca unha xuntanza para definir a postura dos reintegracionistas sobre o acordo ortográfico.
Unha defensa filolóxica
O académico e filólogo Xesús Ferro Ruibal, manifestamente contrario á reforma normativa en discusión, está a publicar desde o sábado unha serie de artigos en "La Voz de Galicia" nos que argumenta filoloxicamente a favor da decisión da RAG.
Ferro Ruibal comeza, no seu artigo do sábado, por cuestionar a vontade da reforma proposta polas tres universidades de polo ILG, sinalando que "eljimina a única afirmación explÃcita da autonomÃa do galego fronte ó portugués que conteñen os principios da Normas" e deixa a porta aberta á entrada masiva de léxico portugués no noso idioma.
No artigo denúncia que detrás da proposta rexeitada pola RAG existe unha mentalidade lingüÃstica que considera que "todo uso oral do galego é, por principio, sospeitoso e revisable", "o galego é portugués provisionalmente imperfecto, non unha lingua diferente" e que "as correccións deben vir todas do aportuguesamento da norma". Para apoiar as súas teses, achega diferentes exemplos tirados da porposta de reforma coma a adopción de "até" ou o aglutinamento de "vinteún".
Nos artigos do domingo e do luns, Ferro Ruibal analiza puntos concretos da reforma, como son a eliminación dos demostrativos "isto", "iso" e "aquilo" ou a aceptación de Galiza como forma galega. Ruibal remÃtese á dialectoloxÃa e ós documentos medievais para defender a galeguidade das formas recoñecidas actualmente.
Vinte anos de AGAL
No medio da discusión sobre a reforma normativa, a Associaçom Galega da LÃngua (AGAL) celebra o vindeiro sábado os vinte anos da súa fundación cunha asemblea extraordinaria e unha comida de confraternidade.
A asemblea celebrarase na Facultade de FiloloxÃa de Compostela a partir das dez da mañá e nela analizaranse as últimas novidades do conflicto lingüÃstico. A continuación, Martinho Montero Santalha, un dos fundadores da Associaçom lerá un discurso no que fai un balanzo da historia da entidade.
O xantar será ás dúas da tarde no restaurante Monte da Condesa, e para asistir hai que porse en contacto cos organizadores. As persoas interesadas poderán asistir esa mesma tarde e na mesma Residencia Universitaria Monte da Condesa á xuntanza convocada polo Movimento de Defesa da LÃngua para consensuar a postura dos reintegracionistas encol da reforma ortográfica rexeitada pola Real Academia.