Vidas de símbolo

O CGAC achégase á críptica obra do artista conceptual Bas Jan Ader

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Material documental do proxecto In Search of the Miraculous, 1975.

Material documental do proxecto In Search of the Miraculous, 1975.

Pedro de Llano presenta no CGAC un monográfico sobre a críptica personaxe de Bas Jan Ader. Este artista holandés, que fai parte da primeira xeración de artistas conceptuais, iniciou unha misteriosa travesía polo océano que foi entendida por moitos como un suicidio e co que pertendía completar a segunda parte do proxecto In Search of the Miraculous. Unha viaxe que rematou cando un grupo de mariñeiros galegos descubriron o seu bote emborcado en 1975, remolcárono ata o porto da Coruña, desde onde desapareceu de xeito misterioso. Esta conexión galega é a que se plasmará na montaxe, In Search of the Miraculous: Trinta anos despois (CGAC, ata 5 de setembro), que pretende facer accesible o seu proxecto artístico como a súa propia vida, que vai máis alá da súa materialidade e a súa desaparición.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bas Jan Ader, Pedro de Llano, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)