Brasil recoñece O armiño dorme, de Neira Cruz

A obra foi seleccionada co Premio FNLIJ ao mellor libro xuvenil publicado no Brasil en 2009

25/5/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A edición brasileira de O armiño dorme de Xosé Antón Neira Cruz, foi seleccionada co Premio FNLIJ ao mellor libro xuvenil publicado no Brasil en 2009, sendo a primeira vez que unha obra galega consegue este galardón. O libro, publicado orixinalmente por Galaxia, xa recibira o premio Raíña Lupa e figura na prestixiosa White Ravens, que recoñece as mellores obras internacionais para lectores novos. O libro de Neira Cruz foi asimesmo escolleito para a lista lista do Banco do Libro de Venezuela, na que tamén figuran, este mesmo ano catro obras publicadas por Kalandraka. A viaxe do bisavó, Discurso del oso, Estás en la luna e La historia del Rainbow Warrior foron as obras seleccionadas. Canda a elas, tamén fai parte da lista Lágrimas de cocodrilo publicado no selo Faktoría K.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brasil, Xosé Antón Neira Cruz, Kalandraka, Venezuela...