Un relato de Neira Cruz considerado un dos mellores libros do 2006 polo Banco do Libro de Venezuela

O armiño en Venezuela

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A asociación civil venezolana sen ánimo de lucro Banco del Libro seleccionou a edición en castelán do relato “O armiño dorme” de Xosé Antón Neira Cruz entre os dez mellores libros xuvenís do ano 2006. O libro, editado por Alfaguara, foi seleccionado na sección de tradución desta prestixiosa lista elaborada desde 1980 e na que centos de libros pasan por unha selección previa dun comité interdisciplinario para despois ser avaliados por un xurado. “O armiño dorme” gañou o VI Premio Raíña Lupa en 2002 e foi editado por Galaxia en 2003. A novela recrea a historia de Bia, unha rapaza da familia dos Medici que apareceu na súa tumba cun armiño aos seus pés e un diario no que contaba a súa vida.

Máis información en Banco del Libro

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Venezuela, Xosé Antón Neira Cruz, Tradución, Editorial Galaxia

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares