O Museo do Mar acolle as III xornadas dos Museos e Centros de Patrimonio Cultural Marítimo

O evento centrarase na importancia da cultura inmaterial vencellada ao mar

24/5/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Asociación de Museos e Centros de Patrimonio Cultural Marítimo de España inicia mañá, no Museo do Mar de Vigo, as súas terceiras xornadas. O encontro centrarase nesta ocasión no Patrimonio Intanxíble Marítimo e mais nos retos e oportunidades para a súa posta en valor. Coñecementos, crenzas, gastronomía marítima ditos ou talasonimia centrarán boa parte das intervencións, aínda que tamén se tratarán cuestións como o libro verde de arqueoloxía subacuática en España e Pablo Carreira, director do Museo do Mar, explicará o proxecto do centro.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Arqueoloxía, Vigo, Gastronomía

Claves

Conceptos
Lugares