O Museo do Mar encabeza unha iniciativa para que se recoñeza o patrimonio marítimo

A Declaración de Xixón preséntase en conxunto co Museu Marítim de Barcelona e conta co apoio de 200 entidades.

20/5/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Conseguir que a vindeira Lei de Navegación Marítima Española recoñeza o "carácter cultural do patrimonio marítimo flotante e que promova a súa conservación e emprego". Este é o obxectivo da Declaración de Xixón o manifesto conxunto que o Museo do Mar de Vigo e mais o Museu Marítim de Barcelona presentaron hoxe na cidade asturiana a coincidir coa celebración do Día Marítimo Europeo. O texto, que conseguiu xa o apoio de 200 entidades relacionadas coa cultura marítima, reclama tamén a protección do patrimonio inmaterial vencellado ao mar e mais que a vindeira lei defina qué tipo de buques poden ser obxecto de protección e que recoñeza o seu carácter extraordinario.

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xixón, Barcelona, Manifesto, Vigo

Claves

Conceptos