Confírmase a existencia dunha poboación romana na prantación de kiwis de Oia

O SEPRONA denuncia ao alcalde de Oia e ao concelleiro de Urbanismo por un delito contra o patrimonio histórico

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

A primeiros de mes saltaba a noticia aos medios dunha agresión a dous depósitos arqueolóxicos en Oia por mor das obras de construción dunha gran prantación de kiwi. De aquela, destruise un valioso petróglifo e as máquinas comezaron a excavar nunha zona na que aparecía numeroso material de época romana. Agora, a empresa Kiwi Atlántico Fincas está pagando unha sondaxe arqueolóxica co gallo de determinar o tipo de xacemento aparecido no lugar de Boaventura e os arqueólogos, dirixidos por Xesús Constenla, indican que pode tratarse dunha vila romana, aínda que manteñen a prevención xa que só se realizaron cinco catas indicativas. Pola súa banda, o SEPRONA denunciou ao alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez, e ao concelleiro de Urbanismo, Camilo González, por un suposto delito contra o patrimonio histórico ao permitir o avance da explotación de kiwis cara esas áreas.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oia, Atlántico

Claves

Lugares