Dous álbums de OQO premiados entre os mellores libros do 2009 polo Ministerio de Cultura

As obras son a única representación da edición galega entre os premiados

21/5/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Dous álbums de OQO editora, Cantas pingas na cidade! e Os mil brancos dos esquimós, acaban de ser distinguidos co segundo e terceiro premio, respectivamente, ao Libro Mellor Editado en 2009, na categoría de Infantil e Xuvenil, que concede o Ministerio de Cultura. Os dous libros, editados en castelán e galego, forman parte da Colección O, dirixida aos nenos e nenas de 3 a 7 anos de idade. Cantas pingas na cidade! é a primeira colaboración con OQO editora de Eva Montanari, autora dos texos e as imaxes, nos que se recrea cunha especial carga poética a aventura que emprenden as pequenas pingas que preceden a unha pequena chuvieira. En Os mil brancos dos esquimós, a autora lusa Isabel Minhós Martins achégase dun xeito sinxelo ao pobo esquimó. Preséntao na súa faceta máis cotiá: no interior dos iglús, percorrendo as paisaxes xeadas ou navegando en kaiak.

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con OQO, Ministerio de Cultura, Isabel Minhós Martins

Claves

Protagonistas