Xerais e OQO entran na lista do White Ravens 2010

Às de bolboreta e O último canto están entre os 250 mellores libros infantís e xuvenís do mundo

22/3/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Internationale Jugendbibliothek de Munich presentou esta fin de semana a lista White Ravens 2010, que selecciona as mellores 250 obras para público infantil e xuvenil. Entre estas, aparecen dous traballos galegos, concretamente, Às de bolboreta, de Rosa Aneiros (Xerais) e mais O último canto, de Pablo Albo e Miguel Ángel Díez, que publicou OQO. Precisamente esta última editorial acaba de recibir tamén o Diploma Libro Ilustración 2009 dos Premios Visual de Deseño de Libros ao álbum Fume, de Antón Fortes e Joanna Concejo. Tamén resultaron galardoados co Diploma Libro Institucional/Promoción/de Empresa A guerra dos números de Juan Darién e Cantas pingas na cidade! de Eva Montanari.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con OQO, Rosa Aneiros, Guerra

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos