Dúas obras galegas sitúanse entre os mellores libros infantís e xuvenís do mundo

Nicomedes o pelado de Kalandraka e Gallito pelón de OQO entran na listaxe White Ravens

9/10/2014 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
2 lecturas | Compartido 0 veces

Dous traballos de editoras galegas intégranse na lista White Ravens, que recolle cada ano os douscentos mellores libros de literatura infantil e xuvenil do mundo. A listaxe que elabora a Biblioteca Internacional da Mocidade de Munich e que se presenta hoxe na Feira do Libro de Frankfurt, recolle un total de seis obras editadas en España. Entre estas inclúe o conto Gallito pelón, de Paula Carbonell e Philip Giordano, editado pola galega OQO e mais Nicomedes o pelado, de Pinto e Chinto e editado por Kalandraka. Esta última é a única obra en galego incluída na selección deste ano.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares