Kalandraka recunca nos White Ravens 2013

A prestixiosa lista alemana de obras para os máis novos recolle a obra Bandada

21/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Bandada, o álbum ilustrado de María Julia Díaz Garrido e mais de David Daniel Álvarez Hernández que levou o premio Compostela, entrou este ano na prestixiosa lista White Ravens. A obra editada por Kalandraka foi seleccionada pola Biblioteca Internacional da Mocidade de Munich entre os libros do ano 2013 para os máis novos e resulta a única representación galega nunha listaxe que só recolle nova referencias editadas en España. A editora pontevedresa é xa habitual nesta selección de títulos de literatura infantil e xuvenil.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kalandraka, Literatura

Claves

Entidades
Conceptos