OQO é a única presenza galega nos premios aos libros mellor editados

O Ministerio deulle un segundo premio a Caderno de animalista

7/5/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Os premios que cada ano concede o Ministerio de Cultura aos libros mellor editados, teñen este ano unha única presenza galega. Caderno de animalista de Antón Fortes, publicado por OQO Editora levou o segundo premio na categoría de libro infantil e xuvenil. Os premios, que non posúen dotación económica, supoñen un apoio á promoción das obras recoñecidas. En total, o xurado valorou 377 propostas en cinco grupos temáticos.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con OQO, Ministerio de Cultura

Claves