Dez murais de barro cubrirán o exterior do Auditorio de Gondomar

Cubertos de barro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O exterior do Auditorio de Gondomar transformarase polos dez murais de barro que están a elaborar alumnos da escola municipal de arte, do taller de cerámica Terralume e tódolos asistentes ao Congreso Internacional de Ceramistas de Gondomar. Os dez murais cerámicos, intervidos cou outros materiais, están baseados no mundo da danza e do teatro, ademais de un adicado á historia con formas de petroglifos. Cubriran unha superficie de cento cincuenta metrso cadrados na fachada e na entrada do auditorio e na súa elaboración están a participar ceramistas de todo o mundo e voluntarios atraídos pola actividade, calquer persoa pode inscriberse no concello para facelo.
Máis información en Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Teatro, Faro de Vigo

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares