O musicólogo Javier Garbayo catalogou os documentos do arquivo de música que contén obras dos séculos XVI ata o XIX

As xoias musicais de Ourense

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O musicólogo Javier Garbayo rematou a catalogación das obras do arquivo de música da catedral de Ourense, no que se contabilizan arredor de 1600 composicións, a meirande parte manuscritas. O catálogo, baixo o título "O arquivo de música da Catedral de Ourense" publicarao a finais deste ano o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM). Este catálogo é o cuarto destas características que se fai en Galicia, precedido polos das catedrais de Santiago, Tui e Mondoñedo, e a falta do da catedral de Lugo. No arquivo da catedral de Ourense hai documentos que van desde os séculos XVI ata o XIX e a nel consérvanse unha 150 composicións de Joaquin Pedrosa Gil, un dos organistas españois máis importantes do século XIX do que ata o momento se descoñecía o paradoiro da súa obra. A catedral tamén conserva un conxunto de instrumentos musicais de recente restauración.
Máis información no xornal La Región

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Ourense, Artes Escénicas, La Región...