Educación retira a cota de galego das bibliotecas escolares

Ata o de agora, o 50% das adquisicións debían estar na nosa lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A orde que regula a adquisición de novos libros para as bibliotecas de centro do ensino non contempla unha cota específica de obras en galego. A convocatoria equivalente do pasado ano establecía que como mínimo, a metade das novas adquisicións debían estar na nosa lingua. Agora, o criterio que se establece é que nas compras deberán contemplarse "a multiculturalidade e as diferentes linguas do centro". A Asociación de Editores denunciou xa que a medida repercutirá de xeito negativo e directo no sector.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Educación, Editores, Ensino...