Poesía, literatura de muller e literaturas africanas "e recuadas en xeral" son as cartas de presentación de Edicións Barbantesa. O novo proxecto está liderado por Penélope Pedreira, confundadora de Rinoceronte Editora, e intégrase na empresa Xestión Literaria Galega SL, na que tamén está a Axencia Literaria Galega. A nova editora preséntase co lanzamento de Pan prós crocodilos, de Calros Solla, As Médulas de Silvia Bardelás, A balada co café triste de Carson McCullers, e mais Os ditosos anos do castigo de Fleur Jaeggy. En breve anuncian a publicación de Poemas de África lonxe, dos angolanos Eduardo Bettercourt e Jorge Arrimar e Con peitos desenchufados de Elías Portela na colección de poesía. En prosa verá a luz A arte do fracaso, de Berta Dávila.