Nace a Axencia Literaria Galega para promover a carreira profesional dos escritores

Autores novos e consagrados negocian a súa representación coa entidade privada

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Abrir camiños cara o exterior e aumentar a profesionalización dos nosos creadores literarios é o obxectivo que persegue a Axencia Literaria Galega. A empresa dedicarase a representar e promover a carreira literaria de autores galegos tanto cara o exterior como no mercado interior. A iniciativa parte dos responsables da editorial Rinoceronte, Penélope Pedreira e Moisés Barcia, malia que a nova entidade preséntase como algo alleo e idependente da editorial. Aínda que en Galicia é unha figura nova, existen numerosas entidades deste tipo no resto do Estado e no estranxeiro. De feito, un dos propositos desta empresa é conseguir acordos con outras axencias para promover escritores conxuntamente.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores

Claves

Conceptos