Compostela acollerá a vindeira edición do Mercado Atlántico de Creación Contemporánea

Unha acción creativa no CGAC presenta sábado este evento

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Os vindeiros 10, 11 e 12 de setembro, Compostela acollerá a segunda edición do MACC, Mercado Atlántico de Creación Contemporánea. Este evento, que se iniciou o pasado ano en Tenerife, tratará desta volta o potencial das industrias creativas para xerar riqueza e innovación social, e reflexionará sobre a importancia do proceso na creación artística. Para convidar á participación, a organización do evento celebrará este sábado ás 11:30 no Centro Galego de Arte Contemporánea, unha exposición participativa chamada Experimenta o proceso Macc.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Atlántico, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Santiago de Compostela