Ánxeles Cuña gana o premio Max nunha noite na que Animalario volveu arrasar

A SGAE publica a lista de gañadores horas antes da gala de entrega

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Dame veleno, eu tamén soñar

Dame veleno, eu tamén soñar

A súa visión particular sobre a eutanasia que se retrata en Dame veleno, eu tamén soñar acáballe de valer a Ánxeles Cuña Bóveda o premio Max na categoría de mellor autor teatral galego. A ourensá recibiu o seu premio no transcurso da gala desenvolvida no Museo Reina Sofía, aínda que xa sabía que o premio era para ela. A SGAE publicou no seu web, horas antes de que tivera lugar a gala, a listaxe de gañadores. A gran vencedora da noite foi Urtain, de Animalario Teatro, que recibiu nove galardóns. Entre eles, o de mellor espectáculo, mellor actor protagonista (Roberto Álamo) e de reparto (Alfonso Lara).

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Premio Max, SGAE, Espectáculo, Teatro...