O grupo Chouteira decide deixar de tocar en directo pola escaseza de actuacións que viñan tendo

Nin en vivo, nin en directo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Unha das bandas de folc máis coñecidas, Chouteira, vai deixar de facer actuacións en directo despois de once anos de vida e tres discos gravados. Chouteira desaparece dos escenarios pola escaseza de actuacións que tiñan nun últimos tempos e pola imposibilidade de xuntarse para ensaiar, xa que case todos están tamén en outras formacións ademais de vir de puntos xeográficos diferentes. Hai una anos Chouteira realizaba arredor de 30 ou 40 actuacións no verán, actualmente membros do grupo aseguran que a existencia dunha grande crise na industria musical lles afectou e que traen como consecuencia esta decisión. O seu derradeiro traballo Folla de lata foi moi gabado por crítica e público pero segundo Oli Xiraldez,membro da formación, tiveron problemas de distribución e promoción. O grupo conservará aínda o nome e non desbotan gravar algunhas pezas que xa teñen feito.
Máis información en La Opinion

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Galicia ao vivo

Galicia ao vivo

A boa situación do directo en Galicia pode verse truncada pola crise

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oli, Oli

Claves

Protagonistas