
Durante o seu concerto que agora queda recollido neste DVD os NAO revisaron practicamente todo o seu repertorio apoiados por máis de 20 artistas no que resultou un acontecemento destacado dentro da mundo da música galega. O directo que é a base deste lanzamento en DVD prolongouse durante máis de 3 horas e nel colaboraron Picchio (Banda Bassotti), Sabela Ramil, Tanxugueiras, SonDaRúa, Rebeliom do Inframundo, Odolaren Mintzoa, Mini e Navia Rivas, Ramón Iglesias, Anxelo de Xermar, Patty Castro, Paul Zervero, DakidarrÃa, Pauliña, Xiana Lastra, Manuel Varela, Inés Duport, Roi Xesteira, Iago Pico, Vituco Neira e Carlos Gilino. Adeus e grazas inclúe tamén de agasallo o disco Apocalipse NAO, que recompila tres pezas documentais homónimas (I, II e III) recollidas á banda ao longo dos seus case quince anos de traxectoria. A última da triloxÃa, nomeada Apocalipse NAO I, inclúe material audiovisual inédito gravado após a despedida do grupo e que se poderá ver por primeira vez neste deuvedé. No traballo, tanto os membros da formación como as persoas achegadas á mesma e que compartiron as súas vivencias coa banda nestes anos falan do que supuxo o derradeiro concerto de NAO e do que significou a súa música para eles. O dobre DVD publicado por NAO e PlayPlan poderase adquirir desde o luns 7 a través da páxina web de Inquedanzas Sonoras e a partires do mércores 9 de decembro estará nos puntos habituais de distribución de Inquedanzas Sonoras.