A formación Deseqilibrio Mental presenta o seu primeiro disco de estudio

O grupo dá un concerto na Sala NASA de Santiago xunto a Kertuler

11/3/2011 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

Practicamente nove anos despois de comezar a súa andadura musical a banda de rock Deseqilibrio Mental ven editar o seu primeiro traballo de longa duración Con Q sin U no selo Lobicán Records, doce pezas con letra en galego gravadas nos estudios Pousada Son. Anteriormente o grupo resultara gañador do 3º Certame Música Xove 2010 e participara no compilatorio de bandas de rock compostelás Come on Pelegrín (2010) e publicara un EP , Adianto (2009). O grupo parte do rock metal para tratar nos seus temas diversas cousas que acontecen a miúdo na sociedade actual, en ton de protesta social. Actualmente Deseqilibrio Mental están presentando en directo o seu novo traballoCon Q sin U ó longo de todo o territorio galego comezando por hoxe mesmo en Santiago na Sala Nasa onde compartirán escenario coa banda Kertuler.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, NASA, Sala Nasa

Claves

Entidades
Conceptos