Comeza o Foro Costa da Morte

A reflexión e a creación encol do territorio son os eixes do encontro

7/4/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Co lema Espazo de encontro e reflexión arredor do territorio o vindeiro día 10 de abril comezan as actividades do Foro Costa da Morte. Este encontro celebra a súa primeira edición con dous grandes eixes temáticos. Por unha banda, obradoiros de video (con Olaia Sendón), arquitectura (con Xoán Creus e Covadonga Carrasco), e mais edición gráfica (con Uqui Permui), en todos os casos con referencias directas a esta comarca. Canda a isto, o foro inclúe mesas redondas sobre a historia da zona, a peregrinación e mais o turismo, unha visita a faros e mais un recital poético colectivo.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, Costa da Morte, Olaia Sendón, Turismo...

Claves

Protagonistas
Lugares