Vellas fábricas para as visitas

Os concellos do Ulla-Umia recuperan o seu patrimonio industrial como recurso turístico

6/4/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio

Imaxe do teleférico de Valga

Como tantas outras entidades comarcais, a Asociación de Desenvolvemento Rural Ulla e Umia desensvolve actuacións para favorecer o turismo nesta zona do país. Caldas, Moraña, Cuntis, Valga, Catoira, Pontecesures e Portas son os concellos que participan destas actividades de promoción, entre as que se atopa unha moi pouco habitual do noso país. Para alén de achegar rutas turísticas e guías, a A.D.R. Ulla-Umia aproveita o legado industrial da zona como un recurso. Fábricas de luz, tellarías, muíños e mesmo un teleférico son referenciados nunha serie de folletos accesibles desde a rede para todos os interesados.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Umia, Ulla, Turismo, Muíños...

Claves

Conceptos