A Xunta destina 90.0000 euros a catro festivais de Santiago

Son encontros de ámbito cultural promovidos polo concello

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Compostela Máxica, Entredanzas, o Ciclo Sons da Diversidade e Cineuropa son algúns dos encontros culturais estables que organiza o concello de Santiago dentro da súa programación anual. Unhas citas que contarán co apoio da Consellaría de Cultura despois que os dous departamentos asinaran un convenio de colaboración por importe de 90.000 euros para desenvolver estas actividades. Segundo a nota de prensa remitida pola consellaría, o departamento que dirixe Roberto Varela “pretende apoiar a realización de ciclos culturais únicos, así como promocionar e divulgar a obra de artistas galegos e ampliar a oferta cultural compostelá”.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Varela, Cineuropa, Concello de Santiago, Santiago de Compostela