Galiciadixital reforza os seus contidos para celebrar os 25 anos da CRTVG

A exposición itinerará por 14 localidades galegas

| Santiago. Redacción | Seccións: AudiovisualExposicións
Compartir:

A Compañía da Radio e Televisión de Galicia, é dicir, a TVG e a Radio Galega, cumpre 25 anos. Un cuarto de século que tanto o ente público como a secretaría xeral de Medios celebrarán cunha exposición. A mostra itinerante e interactiva Galiciadixital amplíase para acoller unha mostra fotográfica, un vídeo conmemorativo e aqueles materiais (cámaras, magnetoscopios, mesas de mistura de vídeos ou son...) que serven para ver a evolución tecnolóxica da sociedade galega e da CRTVG. A exposición, que conta cun plató Chroma-Key no que os usuarios poderán emular aos presentadores da televisión, estréase o venres no marco do Xuventude Galicia Net. Despois iniciará unha xira que a levará por 14 localidades galegas e que se poderá seguir e comentar a través das redes sociais.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Retrato dun país

Unha exposición documenta a Galicia dos anos vinte a través da ollada de Ruth Matilda Anderson

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, Xuventude, Televisión de Galicia, Radio Galega...