Arrinca en Monforte pero percorrerá nove localidades galegas (entre elas, A Coruña e Santiago). É a exposición que conta a historia do “gran” Conde de Lemos, cando se cumpre o cuarto centenario do nomeamento como virrei de Nápoles. Baixo o título de Don Pedro Fernández, o gran conde de Lemos céntrase na súa biografía marcada pola súas amistades (Cervantes, Lope de Vega, Quevedo…) e o seu poder político (foi un dos personaxes máis influíntes da corte de Felipe II). A exposición pódese ver na sede da Fundación Caixa Galicia en Monforte e foi coordinada por Rosario Chao Quintana.
Unha exposición lembra a figura o Conde de Lemos
Percorrerá nove localidades galegas
13 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universos
Claves
Entidades
Conceptos
