A industria cultural está a sortear, con máis ou menos fortuna, a crise económica. Cando menos asà se desprende dos datos que manexa o Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura. En xeral, nin o emprego nin a facturación das empresas descenden de xeito destacado. A excepción, e importante, é o audiovisual, que viu no último ano unha drástica diminución, tanto de espectadores como de produción. Canda a isto, a edición galega ve diminuÃr tamén a súa actividade.
Os golpes
Case medio millóns de espectadores menos e algo máis de dous millons de euros por baixo da recadación de 2008. Estas son as perdas ás que se enfrontou o mercado cinematográfico galego durante 2009, a teor do datos do Ministerio de Cultura. O descenso, no entanto, enmárcase nunha crise do sector que se mantén nos últimos anos.
AÃnda pendentes de contar cos datos finais de 2009, a inscrición de libros feitos en Galicia no rexistro do ISBN sufriu un acusado descenso neste último ano, rechando a tendencia a alza de periodos anteriores. Deste xeito, nos pasados 12 meses inscribÃronse 2.848 libros nesta lista, fronte aos 3.690 de 2008 ou os 3.396 de 2007. Por provincias, A Coruña preséntase como a provincia que mellor resiste a crise, cun destacado incremento no número de tÃtulos fronte ás baixadas que se rexistran en Ourense e Pontevedra.
O emprego
Estes descensos reflÃctense tamén no emprego que xeran estes sectores. A edición, cun 20,3% menos postos, as artes gráficas, cun 4,35%, e mais o audiovisual, que perde un 12,5% dos seus traballos, son os sectores que sofren maiores reduccións. No estremo contrario, atopamos os servizos de información, que crearon nada menos que un 19,11% máis postos de traballo nos últimos doce meses. En conxunto, entre xaneiro e decembro de 2009 perdéronse 1.059 postos de traballo na industria cultural.
Número de traballadores afiliados en alta laboral por ramas CNAE, no ámbito cultural, en Galicia. Ano 2009
As empresas
A nivel empresarial, no entanto, en xeral incrementouse no último ano o número de empresas que desenvolven a súa actividade no campo cultural. O balance sinala que 126 novas firmas se incorporaron ao mercado, aÃnda que non en todos os ámbitos se deu un crecemento parello. Deste xeito, son as entidades dedicadas a actividades de creación, artÃsticas e espectáculos as que rexistraron un maior crecemento (un 9,40% máis). De xeito curioso, fronte ao descenso xeralizado dos indicadores económicos vencellados ao audiovisual, medrou tamén o número de empresas neste campo (incluÃndo, lembremos, as dedicadas á música), cun 6,04% máis. No entanto, afundiuse (un 11,84% menos) o número de empresas dedicadas a actividades de bibliotecas, arquivos, museos e outros. Segundo explica HÃ¥kan Casares “o feito deste crecemento amosa as posibilidades do sector creativo á hora de crear emprego”.
Número de empresas culturais en Galicia por actividade principal (CNAE 2009) e estrato de asalariados. Serie temporal (2008-2009)
Espectáculos
A nivel de espectáculos ao vivo, cando menos os programas que dependen a AGADIC non notaron a crise e incrementaron a súa recadación, número de funcións e asistencia ao longo de 2009, mantendo a súa progresión dos últimos anos. De feito, a Rede de Teatros e Auditorios bateu a marca de funcións programadas neste último ano, cun total de 612. Malia a que estas cifras de facturación non son máis do que o 1% do gasto dos galegos en espectáculo, non deixan de ser un indicador interesante.