Aparecen os restos humanos máis antigos do país

Os fósiles de entre 8.000 e 10.000 anos localizáronse nunha cova do Courel

12/3/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Unha cavidade no Courel agochaba os que ata o de agora son os restos humanos máis antigos atopados en Galicia. Fragmentos dun cráneo de extremidades, datados entre 8.000 e 10.000 anos, apareceron canda a ósos de uro, un antigo bóvido xa extinguido. Investigadores do Instituto Xeolóxico Isidro Parga Pondal foron os responsables da descuberta dos restos, que practicamente duplican a idade dos máis antigos coñecidos ata agora. O achado abre importantes liñas de investigación sobre o noso pasado.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

02/02/2011

Historia de dous mangos

O mango de puñal prehistórico atopado no Courel garda moita semellanza cos localizados na Lanzada

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Courel, Isidro Parga Pondal

Claves

Protagonistas
Lugares