Un programa de actividades potenciará os portos vencellados ao Xacobeo

Mostras, concertos e conferencias desenvolveranse en quince destes espazos

3/3/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Quince portos de todo o país acollerán ao longo deste 2010 actividades culturais vencelladas coa celebración do Ano Santo. A Consellaría de Cultura, Portos de Galicia e mais a Sociedade de Xestión do Xacobeo presentaban esta mañá o programa Portos Xacobeos. O proxecto pretende salientar o vencello dos portos con varias das rutas de peregrinación cara a Compostela. Para isto, desenvolveranse conferencias sobre os camiños, concertos de música clásica e mais de pop/rock. O vapor Hidria II acollerá boa parte destas actividades itinerando entre as diferentes localidades costeiras. Ademais, as instalacións portuarias serán identificadas cun monolito e con cartelaría específica.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Pop, Rock, Ano Xacobeo...