Novas queixas contra o decreto do bilingüismo

Os editores sinalan que a tardanza na aprobación impedirá adaptar os libros

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, adiantaba onte que o texto definitivo do vindeiro Decreto para o Bilingüismo no Ensino estará listo en breve. No entanto, nos últimos días xurdiron novas protestas contra este proceso. Por unha banda, os editores apuntaron que non lles dará tempo a adaptar os libros de texto á nova normativa, ao que Vázquez respondeu que a maior parte dos mesmos servirán "porque non se muda todo o sistema". Pola súa banda, o colectivo Galicia Bilingüe denunciou que nos impresos para reservar praza nos centros de ensino para o vindeiro curso, non se lles permite aos pais seleccionar idioma para as aulas. Segundo eles, isto incumpre as promesas do Partido Popular ao respecto.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Ensino, Xesús Vázquez, Educación...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares