O Premio Vicente Risco vai para Pilar García Negro

A autora presentou unha obra sobre o ensaio e o feminismo en Rosalía

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O clamor da rebeldía. O nacemento do ensaio na literatura galega contemporánea, simultáneo ao nacemento da conciencia de xénero: análise e interpretación de textos rosalianos foi o traballo vencedor na última edición do Premio Vicente Risco de Ensaio. O xurado do certame, que se fallou o pasado sábado, outorgoulle a Pilar García Negro o primeiro premio de seis mil euros e mais a publicación da obra. A autora analiza no seu texto o nacemento parello do ensaio e da conciencia de xénero en Galicia a partir dos prólogos de Rosalía de Castro aos seus máis coñecidos poemarios.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensaio, Vicente Risco, Pilar García Negro, Xénero...